Unha das consecuencias da situación pandémica do ano 2020 foi a volta ao ámbito rural de profesionais das cidades que buscan un espazo distinto de traballo. Ao mesmo tempo a emigración cara as cidades estancouse. Estes dous feitos fan que haxa que pensar en fórmulas resolutivas e creativas para o desenvolvemento do rural galego e a adecuación aos novos tempos.
O proxecto Díxito identifica espazos xeográficos de acción, crea expectativa, aporta información e formación. Crea programas de desenvolvemento tecnolóxico, reduce a fenda dixital. E aporta solucións ao emprendemento xuvenil e á ideación de proxectos de futuro.
Estas son as empresas implicadas no desenvolvemento do proxecto Díxito.