Historia

Para ler nun ratiño

A Historia de Samos é moi representativa da súa xeografía, atopámonos un espazo dominado por dous vales (o de Lóuzara e o de Samos) que teñen moi vencellada a historia natural da Galicia de Interior e a historia da Abadía respectivamente. Por suposto esta é moito máis preponderante debido á importancia que tivo perante o tempo dende a súa fundación no s.VI que levou a que Samos tivera sona e recoñecemento mundial, por moitos motivos e acontecementos.

  • S.VII ac - S.II dc
  • S.VI
  • 714
  • S.VIII
  • S.X
  • 1175
  • S.XIX
  • 1835
  • 1880
  • S.XX-XXI

Cultura Castrexa
Samos protagoniza un espazo histórico de sona xa que nas súas terras se atopa unha das maiores concentracións de restos da Cultura Castrexa.​

Cenobio
Esta data é a que a historia sinala pola chegada das primeiras comunidades cenobitas a Samos, aínda que probablemente fora anterior.​

Invasión
O primeiro dos múltiples abandonos de Samos vén marcado pola chegada dos árabes á cidade de Lugo.

Fruela I
Na 2ª metade deste século El-Rei asturiano repoboa Samos enviando unha comunidade dirixida polo abade Argerico, quizá foi premonitorio que logo seu fillo se tivera que agochar aquí.​

San Bieito
Neste século chega a Samos a orde Bieita que non abandonará a abadía, salvo algúns lapsus temporais ata os nosos días.

Xurisdicción
Neste ano a Abadía tén tal importancia que terá máis de cen igrexias espalladas por toda Galicia. Os dominios de Samos chegan a ser moi importantes e vivirán un momento de gloria ata ben entrado o século XVIII.

 

Os Franceses
A invasión de Napoleón trae consigo e expolio da igrexia e a maior parte destos vetustos edificios son reconvertidos; Samos nesta época pasa a ser un importante hospital de guerra.

Mendizábal
A desamortización foi un período de infortunio para a abadía: xa que foi pasada a titularidade municipal pero só ata 1862 debido a que non era sostible semellante edificio.

Bieitos de Volta
Aínda que quedaran tres monxes a Orde de Valladolid decide repoboar Samos cunha nova comunidade de monxes que retoman a vida contemplativa ata os nosos días.

Hoxe
Evidentemente Samos é moito máis que mosteiro: tamén foi á emigracion, estivo de guerra, xuizos sumarísimos, familias, persoeiros, cultura, agricultura e sobre todo veciñanza, pero eso contarémolo noutro intre!.

Os ilustres de Samos

Son moitos os veciños ilustres de Samos e a escolma non é fácil de facer, dende San Martiño de Dumio ata os máis coñecidos hoxe en día a nosa historia deu moitos e bos froitos que se atopan hoxe incluso entre nós. Cabe lembrar ás xentes que axudaron nas épocas das desgracias, das fames e das miserias; aos respectados médicos que por aquí pasaron ou a tantos profesionais que traballaron neste concello: ferreiros, carpinteiros, alcaldes, mestres e mestras, vendedoras, taberneiros e mesoneiras e un sinfín de veciñas e veciños que permanecen na nosa memoria como propios, todos eles son os ilustres de Samos. Pero ben é certo que algúns destacaron un pouquiño máis, aquí unha mínima mostra.

  • San Martiño de Dumio
  • Fruela I
  • Martiño de Pradozelos
  • Pai Feijoó
  • Pai Sarmiento
  • Vázquez Queipo
  • Maximino Arias
  • Fiz Vergara
  • Fundación O Noso Lar

(510-579)

Foi un bispo e teólogo de orixe húngara que ademáis foi o fundador de facto dos primeiros cenobios en Samos.

 

(722-768)
A súa relación con Samos vén da man da restauración cenobita ao encargar a varios monxes vidos do sur a repoboación eclesiástica de Samos. A coroa asturiana sigue a súa relación con Samos cando a súa viúva agocha cos monxes en terras de O Courel ao seu fillo Afonso mentres foi infante, lonxe das inquinas do seu tío.

 

(S.XI-XII)
As letras deixaron na nosa terra grandes ilustres como este trobador medieval autor de nove cantigas de amigo e unha de amor; a súa pegada de seguro que foi moi importante en Lóuzara (naceu en Praducelo) e de aí pode vir tradición poética (birindos) e musical que tén a zona.

 

(1676 - 1764)

Chegou a Samos con doce anos como novicio e pasará en Samos a súa vida. É un dos persoeiros máis importantes da Ilustración Española e fundador do ensaio filosófico coa súa obra máis recoñecida "Teatro Crítico Universal".

 

(1695-1772)

Aínda que a nada en Samos foi súa nai Clara Balboa, o pai Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo dicía que era de Pontevedra e ben é certo que sempre tivo moita relación con Samos. Está considerado como un dos pais da filoloxía románica e da filoloxía galega. 

 

(1804-1893)
Catedrático de Física e Química e membro da Real Academia de Historia e da Real Academia das Ciencias Exactas Físicas e Naturais destaca por ser un científico e matemática ao cal lle debemos o Sistema Métrico Monetario, a Aritmética Superior Mercantil ou as Táboas de Logaritmos. Ademáis foi político destacado e deputado en Cortes.

 

(1910-1991)
Chegado de moi neno á Abadía é un mestre destacado así como escritor que adica os seus esforzos á recopilación histórica da Abadía a través dunha publicación e á recuperación intensiva da desaparecida biblioteca do Pai Feijóo desaparecida no incendio de 1951.

 

(1953-1997)
O poeta do pobo naceu en Santalla de Lóuzara e deixa unha considerable obra poética que podemos disfrutar con sumo pracer. Fiz é un poeta pertencente á chamada xeración dos "Novísimos".

 

(1988-hoxe)
Xorde como froito da Misión Compartida dun equipo de pastoral e veciños dalgunhas parroquias do Concello de Samos, cun claro compromiso social, coma unha esixencia e resposta da fe. Os valores da hospitalidade, xenerosidade e gratuidade das xentes destes pobos, facilitaron e estimularon, en todo momento, a comunicación e o diálogo, podéndose asentar con facilidade os piares do proxecto que chega ata os nosos días.