E aquí traemos unha seña de identidade do que foi o esplendo do noso pobo, unha das dúas receitas que con máis ciume se gardaron perante os anos en Samos, o famoso Licor Pax do Mosteiro. Un licor que quería ser un dixestivo pero que tivo épocas de difícil inxesta.
Os homes e mulleres de Samos sempre foron fortes e lembran os almorzos de ovos con patacas coronados cunha copa de “perrita”, lembramos que non bebían Pax, non sabemos porqué.
Hoxe en día voltouse a recuperar e pódese atopar na despensa monacal, haberá que volver a probalo.