Videos

Aquí atoparás un xeito diferente de ver Samos, de seguro que descubrirás un Samos diferente
A vista de paxaro!

O proxecto Turismo de Samos está enmarcado dentro do proxecto DÍXITO da Lug Open Factory que contempla entre outras cousas a alfabetización dixital do rural a través de diferentes campañas de comunicación, formación, e capacitación para a mellora da vida no rural galego.

Moi preto do pobo de Samos atópanse, na mesma parroquia, as aldeas de Foxos e A Ferrería, inmersas no río e nos praderíos que as caracterizan ofrecen dúas casas de turismo rural unha en A Ferrería e outra en Foxos (O Paxar), sen lugar a dúbida un lugar onde a busca da tranquilidade será unha realidade.