10:00€
Casas de Outeiro transformou un antigo forno de pan nun espazo único: o balneario. Se te quedas na casa, poderás gozar en exclusiva dun auténtico baño relaxante con hidroterapia e cromoterapia.
Realizan sesións privadas de 90 minutos, polo que nunca atoparás outros hóspedes no spa. Empregan auga natural da súa propia fonte, quéntana ata 35 graos cunha caldeira de biomasa (pellet) e para garantir unha desinfección total tratan a auga con sal, que elimina todo tipo de bacterias e microorganismos e é máis respectuosa co medio ambiente.
É fundamental que fagas a túa reserva con polo menos 48 horas de antelación ao uso do spa e que leves traxe de baño e chanclas. Proporcionanche o albornoz, non se usa gorro.
Non procede
Moi boa experiencia, voltarei moi pronto repetir esta sensación tremenda
José Miguel
Quedei coma nova... e facer un balneario non estaría mal!
Pilar
Lug Open Factory é unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve programas de dinamización tecnolóxica a través do seu programa Díxito: Desenvolvemento Tecnolóxico no Rural
Este proxecto é cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do programa Interreg Espazo Atlántico dentro do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs
Rúa Pintor Corredoira, 4
27002 - Lugo
Phone:+34 982 023 078
Mail:benvida@lugopenfactory.com
Website:www.lugopenfactory.com