10:00€
Casas de Outeiro transformou un antigo forno de pan nun espazo único: o balneario. Se te quedas na casa, poderás gozar en exclusiva dun auténtico baño relaxante con hidroterapia e cromoterapia.
Realizan sesións privadas de 90 minutos, polo que nunca atoparás outros hóspedes no spa. Empregan auga natural da súa propia fonte, quéntana ata 35 graos cunha caldeira de biomasa (pellet) e para garantir unha desinfección total tratan a auga con sal, que elimina todo tipo de bacterias e microorganismos e é máis respectuosa co medio ambiente.
É fundamental que fagas a túa reserva con polo menos 48 horas de antelación ao uso do spa e que leves traxe de baño e chanclas. Proporcionanche o albornoz, non se usa gorro.
- Aloxamento
- Información
- Albornoz
- Bañador
- Chanclas
Non procede
Moi boa experiencia, voltarei moi pronto repetir esta sensación tremenda
José Miguel
Quedei coma nova... e facer un balneario non estaría mal!
Pilar