Dous Caminos
Sen lugar a dúbida o Camiño de Santiago ao seu paso polo noso Concello tén unha excepcionalidade que roza a rexinalidade. Samos en vez de ter un só Camiño ten dous. Totalmente diferentes, excepcionais e ao mesmo tempo máxicos.
Elixas cal elixas ao saír de Triacastela vivirás a esencia do Camiño de Santiago. Para os que teñen máis presa terán que escoller a variante de San Xil que é máis curta, pero para o peregrino máis pousado ou espiritual terán que coller o “Camiño Real” que pasa pola Abadía de Samos.
A elección é vosa peregrinos! Non fagades caso ao que vos digan!
Ofrecémosche tres posibilidades que poden pasar: que pases por Samos (en calquera das dúas variantes) ou ben que veñas durmir a Samos e saias ao día seguinte).
Triacastela - Sarria (por Samos)
- Introducción
- Triacastela - San Cristovo do Real
- San Cristovo do Real - Samos
- Samos - Pascais
- Pascais - A Guiada
- A Guiada - Sarria
A variante de Samos vai cara ao sur pola contorna do río Sarria, e ofrece fermosas paisaxes e numerosos exemplos da arquitectura popular galega. Diríxese indiscutiblemente ao Mosteiro de Samos, un dos máis antigos de Occidente (século VI).
O Camiño vólvese bastante sinxelo e vai en todo momento rodeado por natureza que ao chegar a Samos descubre o Mosteiro en toda a súa grandiosidade.
Logo de visitar Samos, terás a posibilidade de ir ata Sarria polo camiño da estrada (un sendeiro a carón da LU-633); NON O FAGAS, vai por este sendeiro e unha vez que pases a aldea de Teiguín toma o Camiño cara Pascais.
Lonxitude: 25,1 km
Dificultade: media-baixa
Déixase á man esquerda o Concello e o Monumento ao Peregrino e báixase á estrada cruzando unha ponte sobre o río Sarria.
Continúase logo pola estrada xeral e pásase un merendeiro e unha área recreativa á beira do río, ata chegar a San Cristovo do Real onde, xusto á entrada da vila, hai que tomar un desvío sinalizado á dereita, que descende cara á parte inferior da vila, xunto ao río.
Lonxitude: 4,3 km
Dificultade: media-baixa
Deixando a igrexa de San Cristovo á man esquerda, a ruta cruza o Sarria por dúas pontiñas, unha delas con lavadoiro. Continúa e deixa o cemiterio á esquerda, para logo tomar un camiño á dereita que discorre entre frondosos castiñeiros.
Unha vez pasados Renche, Lastres e Freituxe, onde hai un merendeiro, chégase a San Martiño do Real e, despois dunha serie de baixadas pronunciadas, estamos en Samos, onde ademais do espectacular mosteiro se poden atopar todos os servizos que necesita o peregrino.
Lonxitude: 5,6 km
Dificultade: baixa
Tras unha visita ao mosteiro e á capela do Ciprés, abandónase Samos pola estrada en dirección a Sarria, mentres o río queda á esquerda. Séguese camiñando por estrada ata Teiguín, onde se colle pola marxe do río ata chegar á entrada de Pascais.
En Pascais, baixando á esquerda por un camiño de pedras atravesado por un arroio, atópase a igrexa de Santalla de Pascais e a súa casa reitoral.
Lonxitude: 2,1 km
Dificultade: media-baixa
Séguese entón dirección Gorolfe, onde se cruza a ponte para seguir logo as indicacións a Reiriz.
De camiño a Sivil, e co río á esquerda, o terreo é bastante plano. Logo continúa cara a Aguiada, a uns 4 km de Sarria.
Lonxitude: 8,3 km
Dificultade: media-baixa
Cruzamos Aguiada ata chegar á estrada, onde a variante de Samos se une coa de San Xil, para finalizar a etapa en Sarria.
A entrada en Sarria e o percorrido ata o albergue están perfectamente sinalizados con cunchas no chan e frechas amarelas.
Lonxitude: 4,7 km
Dificultade: media-baixa
Triacastela - Sarria (por San Xil)
- Introducción
- Triacastela - San Xil
- San Xil - A Guiada
- A Guiada - Sarria
Desde Triacastela, pasando por San Xil , o camiño discorre rumbo a Sarria a través dunha cadea de pequenas localidades de tradición xacobea, como A Balsa, Montán, Pintín, Calvor e San Mamede do Camiño.
Lonxitude: 18 km
Dificultade: media-baixa
O percorrido parte do albergue de Triacastela cara ao centro da vila, e pasa pola igrexa de Santiago e o seu camposanto para chegar ao antigo hospital de peregrinos, onde unha frecha indica a dirección que hai que seguir.
Unha vez pasados a estrada xeral e o parque infantil, hai un sinal indicativo do camiño a San Xil, á dereita e costa abaixo; a variante de Samos tómase na dirección oposta, cara á esquerda.
Lonxitude: 3,4 km
Dificultade: media-baixa
Se optamos por esta variante de San Xil, a ruta preséntase en baixada ata Aguiada. O camiño pasa polas pequenas aldeas de Montán, Fontearcuda e Furela, e regálanos fermosas paisaxes de bosque autóctono. Desde Furela dirixímonos ata Pintín. Antes de chegar a Aguiada, achegarémonos a Calvor, xa no municipio de Sarria. A ruta pasa por diante do albergue da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia.
Lonxitude: 10 km
Dificultade: baixa
Cruzamos Aguiada ata chegar á estrada, onde a variante de Samos se une coa de San Xil, para finalizar a etapa en Sarria.
A entrada en Sarria e o percorrido ata o albergue están perfectamente sinalizados con cunchas no chan e frechas amarelas.
Lonxitude: 4,7 km
Dificultade: media-baixa
Samos - Portomarín
- Introducción
- Samos - Pascais
- Pascais - A Guiada
- A Guiada - Sarria
- Sarria - Barbadelo
- Barbadelo - Ferreiros
- Ferreiros - Portomarín
Plantexarse unha etapa de Samos a Portomarín pode ser complicado se non vés afeito a camiñar. Normalmente esta é unha opción que toman peregrinos e peregrinas que veñen dende Roncesvalles ou que se abastraen no Camiño e teñen moi claro que non é unha carreira de fondo. Hai que tomala con calma e tranquilidade porque a distancia é respectable.
Lonxitude: 37,3 km
Dificultade: media-baixa
Nembargantes temos a positibilidade de facer o alto xusto antes de Portomarín na aldea de Ferreiros, se queremos fuxir sobre todo das masificacións do verán ou se queremos ir un pouco a desmán do mogollón. Aquí podemos aloxarnos no Albergue de Ferreiros.
Lonxitude: 28,6 km
Dificultade: media-baixa
Tras unha visita ao mosteiro e á capela do Ciprés, abandónase Samos pola estrada en dirección a Sarria, mentres o río queda á esquerda. Séguese camiñando por estrada ata Teiguín, onde se colle pola marxe do río ata chegar á entrada de Pascais.
En Pascais, baixando á esquerda por un camiño de pedras atravesado por un arroio, atópase a igrexa de Santalla de Pascais e a súa casa reitoral.
Lonxitude: 2,1 km
Dificultade: media-baixa
Séguese entón dirección Gorolfe, onde se cruza a ponte para seguir logo as indicacións a Reiriz.
De camiño a Sivil, e co río á esquerda, o terreo é bastante plano. Logo continúa cara a Aguiada, a uns 4 km de Sarria.
Lonxitude: 8,3 km
Dificultade: media-baixa
Cruzamos Aguiada ata chegar á estrada, onde a variante de Samos se une coa de San Xil, para finalizar a etapa en Sarria.
A entrada en Sarria e o percorrido ata o albergue están perfectamente sinalizados con cunchas no chan e frechas amarelas.
Lonxitude: 4,7 km
Dificultade: media-baixa
Sáese Sarria pasando pola igrexa parroquial de Santa Mariña, a do Salvador, a torre da antiga muralla e o convento da Madanela. Tras abandonar o casco urbano, unha baixada moi pronunciada conduce ata a ponte da Áspera.
Ao cruzar a ponte séguese o traxecto da vía do tren ao longo de 1 km aproximadamente. Logo crúzase para subir a costa máis dura da etapa e chegar despois por un camiño chan ata Barbadelo, onde se pode visitar a súa igrexa de Santiago.
Un itinerario alternativo diríxese directo cara a Ferreiros sen pasar por Barbadelo.
Lonxitude: 4,4 km
Dificultade: alta
O camiño segue cara a Rente por un terreo en moi bo estado, pasando Mercado da Serra, Leimán e Peruscallo, onde empeza unha zona de regueiros, con beiravías e vereas de pedra para protexelos.
Unha vez pasados Lavandeira, Casais, A Brea e Morgade, chégase tras unha dura subida a Ferreiros, a primeira vila da Ribeira Sacra lucense.
Lonxitude: 9,1 km
Dificultade: baixa
Tramo todo en descenso. Hai que tomar un desvío da estrada á entrada de Francos, e seguir por un camiño pedregoso no que predominan as baixadas, mentres se pasa por numerosas pequenas aldeas. No val vanse alternando prados con construcións típicas de teitos de lousa. O terreo nesta etapa é moi desigual, principalmente descendente, con grandes fochas e pedras. Ao deixar atrás este camiño, desembócase nunha estrada desde onde se obtén unha primeira visión do encoro de Belesar.
Ao cruzar a ponte sobre o encoro, o camiño penetra na vila de Portomarín por unhas escaleiras que se atopan xusto enfronte da estrada e que conducen ao centro do lugar, onde se localiza o albergue, moi próximo ás igrexas de San Pedro e de San Nicolao, na mesma praza do Concello e na zona de soportais.
Portomarín é unha vila de grande atractivo turístico. A zona histórica está totalmente empedrada e ofrece todos os servizos. Aínda que non ten praia fluvial, a xente aproveita o encoro para bañarse nos meses de calor.
Lonxitude: 8,7 km
Dificultade: baixa