Como chegar

Chega a nós con precaución
Dende todo o mundo

Samos está en pleno Camiño de Santiago polo que aínda que estamos no interior da Montaña Luguesa as comunicacións son moi fáciles.

AVION
TREN
BUS
COCHE

Aeroporto Rosalía de Castro – Santiago de Compostela

Situación: Lavacolla

Distancia: 127 km pola A54
A mellor opción para vir dende o aeroporto de Santiago é vir ata Lugo e dende Lugo tomar o corredor Lugo-Monforte desviándonos en Sarria.

 

Aeroporto de A Coruña

Situación: Alvedro
Distancia: 138 km pola A6
A mellor opción para vir dende o aeroporto de Coruña é vir ata Lugo por Autovía e dende Lugo tomar o corredor Lugo-Monforte desviándonos en Sarria.

 

Estación de tren de Lugo

Situación: Praza conde de Fontao, s/n
Distancia: 45 km pola CG-2.2
A mellor opción para vir dende Lugo é tomar o corredor Lugo-Monforte desviándonos en Sarria.
 
Rutas:
Longo percorrido: trens diarios que enlazan con Barcelona e Madrid e as zonas intermedias da meseta como León, Valladolid, Palencia ou Zaragoza. AVE dende Madrid a Ourense e enlace a Lugo en tren ou en bus.
Rexionais: con certa periodicidade cara Coruña e Ourense e os seus territorios provinciais.
 
 

Estación de autobuses de Lugo

Situación: Praza da Constitución, s/n
Rutas: Longo percorrido; Asturias, Barcelona, Madrid (diarios). Rexionais: diarios toda Galicia.
 
Estación de autobuses de Sarria

Situación: Rúa Matías López, s/n

Distancia: 10 km pola LU-633

Ruta: Diaria a Samos-Triacastela-O Cebreiro 

 

Autovía do Noroeste A-6: 

Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Lugo (enlace con Santiago e Ferrol).

Corredor CG-2.2:

Comunica Lugo con Monforte de Lemos que enlaza con Ourense. Na saída de Sarria crúzase a vila e a través da LU-633 chégase a Samos. (11 km de Sarria).

Comarcal LU-633:

Comunica Sarria – Samos – Pedrafita do Cebreiro (saída cara Madrid A-6).

Sarria – Samos – 11 km

Samos – Triacastela – 10 km

Samos – Pedrafita – 38 km